Club Natacion Cidade de Santiago

Comezo

Fotos

  • do adestramento do dia de Reis no que os nos@s nadador@s de agasallo deste sinalado dia fixeron 100x100Crol e 80x100 Estilos.Ollar fotos
 

Campionato Galego Junior e Absoluto de Inverno

Digna actuación dos nadadores do CDN Cidade de Santiago no XLIII Campionato Galego Junior e Absoluto de Inverno celebrado na Piscina de Santa Isabel.
Conseguíronse 2 medallas de Bronce en categoría Absoluta, conseguiunas Óscar Alonso (1995), unha en 200 Libres cunha marca de 1:58.17 e a outra en 400 Libres con 4:09.11, ambas as mínimas dos próximos Campionatos de España para Mozos a celebrar en Palma os próximos 25,26 e 27 de Febreiro e tamén do Campionato de España Infantil de Inverno a celebrar en Sabadell os próximos 18, 19 e 20 de Marzo.
As outras dúas medallas foron en categoría Junior Feminina, Estefanía Pérez (1995) conseguiu o Bronce na proba de 100 Estilos con 1:13.71 e Alicia Fernández (1995) levou o Bronce en 200 Costas con 2:33.77.
Ademais Sara Branco (1995) conseguiu a mínima para os Campionatos de España Junior de Verán na proba de 100 Bolboreta con 1:08.63, Sara xa tiña as mínimas de 100 e 200 Bolboreta para os Campionatos de España para Mozos.
Destacada actuación do nadador Infantil David Lata (1995), as súas mellores marcas persoais de 1:03.25 e 2:16.68 en 100 e 200 Costas, e as súas 4:20.77 en 400 Libres deixárono a escasas décimas das mínimas nacionais da súa categoría, así como 5º clasificado Absoluto na proba de 200 Costas. Tamén destacaron Arthur Pace (1995) e Iria Seoane (1992) gañando as finais B de 50 Libres.
No Campionato Galego Absoluto foron un total de 12 as finais individuais disputadas, 6 Finais A e 6 Finais B. E 6 as Remudas que finalizaron entre os 8 mellores.
En canto ás clasificacións por Clubs, excelente resultado que o noso Club se atope entre os 8 mellores Clubs de Galicia nas categorías Absoluta Masculina, Absoluta Feminina, Junior Feminina e Conxunta Absoluta. Conseguiuse case a mesma cantidade de puntos en categoría Masculina Absoluta (8356 puntos) que en Feminina Absoluta (8366).
Parabén a Mario, Virginia, Sara, David, Alicia, Arthur, Óscar, Fany, Iván, Iria e Antón que representaron ao noso Club neste Campionato Galego de Inverno e achégannos ilusión para o resto da tempada!
E en dúas semanas a Copa?

Asinado: José Rioseco

 
Fotos  Prensa  Resultados 

Convocatoria

  • do Campionato Galego Junior e Absoluto de Inverno 2010 , que tera lugar os dias 28,29 e 30 de Decembro, en Santa Isabel, Santiago de Compostela
  • Ollar [57 KB]
 

VACACIONS

pdf sobre as vacacions de navidad. Ollar [105 KB]

Resultados

  • 2ª Xornada de liga benxamin disputada en Carballo.
  • Ollar

Convocatoria

para a 2 Xornada de Liga Alevin que se disputa o sabado 18 en Carballo.
Ollar

Campionato de España Infantil

  • O nadador do noso Club Óscar Alonso Gato realizou un excelente Campionato de España Infantil por CCAA celebrado en Madrid este pasado fin de sema. Óscar realizou as súas mellores marcas en todas as probas que nadou, 100 Libres 55.06, 200 Libres 1.56.89, 400 libres 4.09.52, 800 Libres 8.43.57 e 1500 Libres 16.39.06, ademais realizou as Mellores Marcas Galegas de 15 anos nas probas de 200, 400 e 800 Libres, todas elas en posesión do excelente nadador de Riveira Rufino Regueira, que se cabe danlle mais valor ás marcas de Óscar. Desde o noso Club alegrámonos moito do rendemento de Óscar xa que é o seu primeiro ano no CGTD de Pontevedra e o primeiro ano sempre é complicado.
  • Asinado: José Rioseco
  • ¡¡¡PARABENS OSCAR ¡¡¡
  • Ollar Resultados.
 

Torneo de Otoño

  • Parabén aos nadadores do noso Club que durante este Trofeo demostraron que están a traballar da maneira decuada para ser bos nadadores, durante este Campionato realizáronse varias mínimas do Campionato Galego Junior e Absoluto e tamén do Campionato Galego Infantil. Pero non podemos relaxarnos, todo o contrario, debemos animarnos a adestrar máis e mellor, xa que os nervios e demasiados erros técnicos nos privaron de mellores marcas neste Trofeo.
  • Asinado: José Rioseco
  • Ollar Resultados

Resultados

  • da 2ª xornada de Liga Infantil que se disputou en Ferrol na piscina Javier Gomez Noya. Ollar

Convocatorias

  • da 2ª Xornada de Liga Benxamin que se disputara o sabado 11 en Carballo.

Convocatoria

para a 2ª Xornada de Liga Infantil que se disputara o vindeiro sabado 27 na piscina Javier Gomez Noya de Ferrol.

Trofeo Cidade Coruña

  • Resultados do Trofeo. Ollar
 

Campionato España Infantil Comunidades

Oscar Alonso foi convocado po-la Fegan para participar neste campionato, que se disputara en Madrid (M86), os dias 11 e 12 de Decembro, nadando nas probas de 200, 400 e 1500m libres.
! Parabens Oscar ¡
Ollar Convocatoria [53 KB]

 

Accesos hoxe: 1 - Total: 601.